Outono, ganas xa de que chegue o frío, as choivas e vente, de poder pecharse cunha mantiña a ler toda a tarde, e desfrutar de historias alleas e mesmo atopar paralelismos coa vida cotiá. Sabemos que outra xente, desfrutará máis do cine, dos xogos de mesa, do deporte, outras de internet, incluso dalgo chamado metaverso, ou de gravar videos en TikTok… cada persoa desfruta a súa maneira, e o importante é facer algo que che guste, que che encha, que che dea vida. As que gustamos da lectura desfrutamos nunha librería ou biblioteca, coma se estiveramos nun importante Museo con moitas obras que admirar, ler sinopses, mirar detidamente as portadas, informarnos do autor/a si non o coñecemos, arrimar o nariz para coñecer como hule, e comezar a valorar cales son os dous ou tres escollidos, eses que durmiran ao teu carón na mesiña de noite por uns días, e saír imaxinando xa a historia que agarda no papel.

Hai uns días lin que un mestre de bacharelato, preguntou na clase, si coñecían a Mario Vargas Llosa, non son para nada seguidora del como persoa, máis si da súa obra, premio Nobel de literatura, “A tía Julia e o escribidor”, “Pantaleón e as visitadoras”, “A festa do chivo” e outras moitas obras, mais o alumnado respostou, que Vargas Llosa, era o mozo dalgunha persoa importante do papel couché. Eses días na radio escoitei a un profesor que dou unha charla na Universidade sobre Bob Dylan como escritor, outro premio Nobel de literatura, e comezou falando, e observou que non o seguían, e preguntou a oitenta persoas que alí estaban, quenes escoitaran algunha canción de Dylan, e tres levantaron a man… Déronme moita mágoa as dúas noticias, mágoa por pensar o que se están perdendo… por favor, que escoiten Mr Tambourine Man.