A humanidade precisa máis humanidade, máis gratitude, máis humildade, menos competencia e máis unidade, acompañamento e apoio. As guerras son creadas dende o poder por motivos económicos, pola avaricia e o egoísmo, e son sufridas, temidas, pagadas, pola humanidade, polas crianzas, polas persoas maiores, polas persoas máis vulnerables… As guerras aprovéitanse inxustamente da vulnerabilidade! E quen gana nas guerras, nas batallas? Ninguén… Hai liñas que se se pasan, xa se perde, xa se destrúe, xa se rompen os fogares das persoas que vivían en paz. Debemos manter a fe e a esperanza en nós mesmos, nas persoas, na humanidade, na bondade inmersa no noso ser e no amor incondicional.

Non te deixes vencer polo mal; ao contrario, vence o mal co ben. Romanos 12:21