Dende os inicios de Eurovisión en 1961, ningunha canción en galego lograra competir nunha lingua cooficial do Estado. Pois ben, a enquisa anual de Eurovisión que se fai entre os socios e seguidores do tradicional festival outorgou este verán unha gran sorpresa: a canción Figa, das Tanxugueiras, converteuse na favorita dos fans para a 66.ª edición, que terá lugar no mes de maio en Italia. A canción é unha mestura entre música tradicional e sons contemporáneos e desde entón vén soando en todas partes. Arrasa!!!, para sermos concretos.
Aínda que xa non é posible ver a canción de Figa en Eurovisión –xa non cumpre os requisitos–, deixa unha idea do que demanda a xente para o concurso e neste sentido é moi de festexar que a canción elixida sexa na nosa lingua. É por isto que aínda sen Figa, as Tanxugueiras anunciaron a súa candidatura para presentarse ao festival de Eurovisión. Así, as nosas representantes competirán no festival de Benidorm Fest cun tema inédito, Abofé que si!, e de saíren elixidas, serán as representantes de Eurovisión 2022…, e en galego e, como ben dixeron elas, amosando a calidade cultural e musical que temos.
Tanxugueiras é un grupo de recente formación, constituído por Sabela e Olaia Maneiro, de Teo, que cantan xunto a Aida Tarrío, de Ribeira. Son cantareiras e pandeireteiras que en 2018 publicaron o seu primeiro disco; o seu segundo traballo chegou en 2019 e proximamente darán a coñecer o seu terceiro traballo, onde se albergan as xa coñecidas cancións de Midas e Figa.
Con ou sen Eurovisión, queda claro que as Tanxugueiras están de moda e que con elas vén a confirmarse que a música tradición galega está de moda.