Moitos pasos quedan por dar para alcanzarmos a igualdade de oportunidades real e efectiva entre as persoas, entre os homes e as mulleres. Hai xente que teme a palabra FEMINISMO, pois significa Principio de igualdade de dereitos da muller e do home. A igualdade de dereitos debería ser algo xusto, digno, algo para defender toda a poboación. Non estamos en pé de guerra, estamos en pé de loita, loita pola igualdade, loita pola xustiza social, loita non por un colectivo, se non pola metade da humanidade. E pola metade desa humanidade aquí, en Galiza, en España, en Europa, en África, en Asia, no mundo, por que todxs precisamos desa igualdade efectiva e real, non escrita nun papel, non redactada nun plan de igualdade dunha empresa, senón a real, a de a diario, a da política, a do goberno, a da fogar, a do traballo, a da escola, a dos coidados, a da rúa, a igualdade necesaria para sermos libres e ser nós mesmas. Non podemos permitirnos pasos atrás cando quedan milleiros de pasos cara a diante, polo pasado, polo presente e polo futuro da sociedade, do total da sociedade.
O peto común. Xaneiro 2019
