Bo Nadal a todas, sempre se desexa cheo de paz e amor, unha realidade de desexo, paz nos corazóns, paz cunha mesma e paz coas demais, e amor propio e amor para repartir e compartir. As cidades énchense de luces e a luz máis importante non é a da rúa, a luz importante é a do fogar, é a da amizade, é a luz interior. Xente camiñando cara ao encendido de luces, para estar preto, para sacar boas fotos, para ver a árbore case máis alta, o alumbrado de cores, e camiñan pola beirarrúa, escoitando as panxoliñas, sobre todo as inglesas, que deben ser máis populares, e senten que o Nadal os enche, o que nos enche é o capitalismo navideño! Somos a cidade con máis luces navideñas! E a xente corre a pasear, vaia, a andar apertados, por un corredor marcado, somos rabaño. E o espíritu navideño queda en alumbrados, luces, panxoliñas inglesas, noiras, agasallos, e seguramente tamén nun menú especial navideño do McAuto ou Burguer Queen, con nome moi comprensible como Merry Christmas Supreme American Cheese Burguer.

En resumo, moi feliz Nadal real, cheo de amor e de paz de verdade.