Preparadas para o verán, moitas para as merecidas vacacións ou descansos. Penso na mocidade que tanto se esforzou, unhas para aprobar a ABAU, outras a ESO ou o curso na universidade. O esforzo ten resposta e o máis importante é que cada unha destas persoas cumprise coas súas propias expectativas realistas. Por suposto, realistas e, tralas notas xa reais, a que quería un nove, conseguiuno; a que loitaba polo trece, logrouno; a que agardaba o sete, sacouno, e iso é o bo, que cada cal logrou o que esperaba e polo que loitaba, polo que traballou todo o curso. E cada persoa única busca e loita polas súas posibilidades futuras. Parabéns á que vai realizar un ciclo medio, un ciclo superior, unha carreira universitaria, unha vocación, unha aprendizaxe. Toda a sorte para esa mocidade que cre en si mesma; nós tamén cremos nela.