Non sei se foi por mor dunhas sardiñas ben saborosas na cea. Adormecín e no medio da noite espertei nunha praza empedrada polo chan e polas paredes. Vin un desfile de xente con ouropeis e ricas vestimentas. Un altofalante, coma nos campos de fútbol, anunciaba a aliñación:
Preside nuestra celebración el eminentísimo y excelentísimo Don Jesús de Nazaret, precedido por los excelentísimos e ilustrísimos señores D. Simón Pedro, D. Pablo de Tarso, D. Santiago el Mayor, D. Judas Tadeo, D. Bartolomé…, precedidos, a su vez, por los ilustrísimos señores D. Juan, D. Marcos, D. Mateo y D. Lucas…, seguidos del pretor Excmo. Sr. Poncio, delegado imperial e señora, e o representante do Tetrarca…
No medio do desfile, unha espesa brétema foino cubrindo todo e cesaron aquelas voces nunha lingua estraña. Abrín de novo os ollos e estabamos ao pé da ría. O mar mansiño mandaba ondas agarimosas bicando a area. Había unhas brasas e uns peixes, e alí asaba Xesús, o de Xosé, o carpinteiro, e dicía:
“A ninguén chamades pai na terra, a ninguén chamedes xefe… Só un é voso Pai. Quen queira ser o maior, que sexa o voso servidor!”
Respirei aliviado. Non se debe papar tanta sardiña cando leva tanta graxa, produce pesadelos. A realidade e ben distinta, ben vedes, ou non?