Estas palabras son do noso amigo Santo Antonio de Lisboa e tamén de Padua. Recoñece os vicios dos pobres pero escusábaos pola marxinación á que estaban sometidos. Medran discursos populistas e xenófobos, cheos de enganos e mentiras que atraen o voto da xente máis moza. No libro das Floreciñas de San Francisco ven o relato de cando Antonio predicou aos peixes en Rimini pois a xente da vila non lle facía caso. Milleiros de peixes, pequenos e grandes asomaron nas augas para escoitar ao Santo e movían contentos as cabezas e os rabos. Convertéronse milleiros ante tal milagre.
As portas do Sínodo quizais teñamos que predicar no mar cheo non de peixes senón de persoas empobrecidas fuxindo da morte, para lograr a grande milagre de converter moitos corazóns. Leo a San Bernardo: A castidade sen caridade é unha lámpada sen aceite. A liturxia, os ritos, as devocións, a teoloxía, os hábitos sen caridade son unha lámpada sen aceite, sen luz.
Que fermoso o testamento que Tobit entrega a Tobías antes de partir: Non apartes xamais o teu rostro dun pobre e o rostro de Deus non se apartará de ti.
A Santo Antonio é posible que o multaran hoxe en día pola cota do peixe.