Influencers

Patri Otero (Santiago de Compostela, 2000) xornalista, community manager e creadora de contido en Galicia e en galego. A través dos seus perfís denuncia as inxustizas e fai un exercicio de análise crítica dos mecanismos que moven o mundo. A súa presenza en redes atrae seguidores e detractores, Patri é consciente do polémico do seu contido mais é consciente de que facer saltar os resortes do poder trae consecuencias como estas. Con todo, conta con multitude de seguidores que buscan unha mensaxe de realidade nas redes. Patricia compaxina o seu labor en redes sociais cun traballo nunha axencia de comunicación. Que o contido de Patri é dunha tremenda calidade, dan mostra os diferentes premios dos que pode campar como o premio Yotubeiras+ , na categoría de Calidade lingüística por “utilizar e fomentar o bo uso da lingua galega, así como a súa normalización dun xeito exemplar”, ou ser finalista na categoría de Mellor Creadora no Carballo Interplay.
Patri Otero

Animación

Rafaella Tuma (1989, São Paulo) é unha recoñecida ilustradora e animadora brasileira que se converteu nun fenómeno das redes sociais polas súas creativas animacións humorísticas de situacións cotiás, mais se tan divertidas son as súas ilustracións non o son menos os audios que as acompañan. Gañou gran popularidade grazas aos seus vídeos con “bonecos de palitinhos” que ilustran audios divertidos da internet, logrando millóns de seguidores en plataformas como Instagram e TikTok. Tes can na casa e para que coma a súa comida tes que facerlle unha festiña? Esta situación ou calquera outra cotiá; a menstruación, a saúde mental ou as relacións de parella son temáticas susceptibles dunha animación humorística brasileira. Alén do seu contido viral, Rafaella é ilustradora freelance e traballou en campañas publicitarias, coleccións de estampas e pósteres. Tamén comparte os seus coñecementos a través de cursos para artistas que desexan aprender a xestionar a súa carreira e vivir da arte.

Podcast

Bendita Sea La Hora. Winnie e Mirna son as creadoras e presentadoras de Bendita Sea La Hora, un popular podcast que se centra nas vivencias da comunidade negra en España. Este podcast non só ten intención divulgativa, senón de formar comunidade, promocionar persoas, artistas negras, sobre todo de orixe africana, encontros e convocatorias para facer da colectividade unha familia de irmás e irmáns atravesados pola pel, historias, discriminacións e camiños similares. Winnie e Mirna son coñecidas polo seu estilo directo, humorístico e, ás veces, polémico. Recentemente, o podcast gañou maior visibilidade tras ser parte da organización da Gala d’Or 2026, presentada como una “Met Gala” á española, destacando o estilo, o “dandismo” e a cultura urbana. Podes atopar os seus episodios e clips na súa canle de Youtube, en Spotify e seguir as súas actualizacións diarias na súa conta de Instagram.
E en Spotify:
qr Bendita sea la hora Spotify