Parafraseando a cantiga do Seca Afonso, eran fillos da madrugada, de calquera amencer de luz para esta terra irredenta. No ano 2015 rendeuse unha merecida homenaxe aos paúles da congregación relixiosa do Colexio dos Milagres, en Monte Medo, Maceda (Ourense), que foron expulsados pola propia congregación. Entre eles destacaba Emilio González Graña, quen exercía como profesor desde había dez anos. Catro compañeiros seus: Serxio Fierro, Xosé Luis Nieto, Manoel R. Peleteiro e Odilo Cid, director do Colexio, solidarizáronse con el e sufriron represalias similares por parte das autoridades eclesiásticas.
Os protagonistas
Os protagonistas
As razóns que desencadearon esta situación remóntanse aos tempos posteriores ao Concilio Vaticano II, cando unha nova xeración de cregos, inspirados polo ambiente de cambio, comezaron a conectar coas comunidades de base, como a liderada por José María de Llanos Pastor, máis coñecido como o Padre Llanos. Estes cregos representaban unha nova forma de entender a relixión, próxima ás clases populares e afastada dos poderes tradicionais.

A tendencia vermella do Colexio dos Milagres provocou alarma nas altas esferas eclesiásticas

En 1969, a chegada destes cregos ao Colexio dos Milagres supuxo un punto de inflexión. O seu labor marcou unha diferenza notable coas vellas fórmulas da comunidade relixiosa anterior, afín ao poder eclesiástico, civil e caciquil. O seu traballo centrouse en varias liñas fundamentais: a concienciación sobre a emigración, o compromiso co galeguismo, o achegamento ás clases populares e a creación de grupos de traballo que colaboraban activamente cos labregos da comarca.

Homenxe
Homenxe
A súa postura crítica, o fomento do pensamento crítico entre o alumnado e a creación dun espazo educativo máis inclusivo, integral e moderno fixeron que a sona do Colexio dos Milagres adquirise unha cor vermella, unha tendencia que acabou provocando alarma entre as altas esferas eclesiásticas e civís, ata que o bispo de Ourense, Ángel Temiño, interveu para asegurar que se puxesen fin a estas prácticas.

a chegada destes cregos ao Colexio dos Milagres supuxo un punto de inflexión

A pesar das represalias, a verdade e a humildade, como é ben sabido, son teimudas. Por iso, en 2015, ex-alumnos e a comunidade en xeral organizaron unha homenaxe para lembrar e recoñecer o legado destes cregos progresistas, especialmente o de Emilio González Graña. A homenaxe celebrouse o 1 de agosto de 2015 no Colexio dos Milagres, cun programa de actos que incluíu unha mesa redonda para debater sobre a expulsión en 1978 de Emilio González Graña da congregación dos Paúles, a súa prohibición de oficiar na diocese de Ourense e a solidariedade dos seus compañeiros: Odilo Cid, Manoel R. Peleteiro, Serxio Fierro e Xosé Luis Nieto.

O colexido dos Milagres
O colexido dos Milagres
A homenaxe incluíu tamén a reflexión sobre se o proxecto educativo do Colexio dos Milagres pagou a pena desde unha perspectiva académica, humana e galeguista, así como unha actuación do grupo A Quenlla, con membros de Fuxan os Ventos, que xa no 1977 protagonizaran unha actuación polémica no mesmo lugar, reivindicando a verdade e a reposición do sucedido.

Revisando a historia, estes pequenos anacos de vida serven para lembrar que, como fillos da madrugada, é preciso ventilar a memoria, separar o grao da palla e colocar a cada quen no lugar que lle corresponde.

© Fotos – xornal dixital www.dendealimia.com