Ilustración de Laura Mellinas Barrios

Ilustración de Laura Mellinas Barrios

PARKING

Un parking tamén é lugar de Deus.
Deus tamén arrola os que dormen aquí.
E está coa xente que vén e vai,
que sae correndo,
que chega cargada,
que marcha falando…

Arriba, na rúa,
as luces das farolas
están a piques de iluminarse.
E o run-run dos outros [motores]
que non dormen coma os que aquí me acompañan,
fan de canto de berce.

Un parking tamén pode ser un lugar
onde sentarse con Deus
para falar
e contarlle como foi.

Aquí, tamén te podes sentir acompañada,
anque para escribir
non sexa o máis cómodo.

Ó MEU CARÓN

Deus, onde estás?
Pregunto.

Anque xa sei,
que estás aquí ó lado,
preciso chamarte
e constatarte na miña beira.

Coma unha nena
que chama pola súa nai
aínda estando no seu colo.