A primeira Romaxe nas fontes do Miño, no Pedregal de Irimia, co lema “Eu renazo galego”, simboliza o nacemento da Asociación, en 1978. Irimia teceu, conectou e arroupou iniciativas e grupos, comunidades, parroquias e movementos, propondo un horizonte común. Facilitou o encontro e o diálogo entre unha fe cristiá en clave liberadora e un galeguismo comprometido. Un encontro na praxis, na tarefa compartida, por unha Galicia reconciliada co seu ser, solidaria e inclusiva, agradecida coa herdanza recibida, coidadora da Terra e da súa xente, comezando polos máis vulnerables. Nese espazo de diversidade, xúntase comunidades cristiás de base, grupos solidarios, persoas diversas, e tecen un espazo para alimentar a esperanza, e a capacidade de crer e compartir.
Algunhas actividades nacidas ou vinculadas coa Asociación:

Publicacións sobre temas de Igrexa e Galeguidade

“Irimianzas”, “Pasantías teolóxicas” e “Tertulia Corta feira”; espazos de formación, reflexión e diálogo que promoveu durante algúns anos Pepe Chao

Os Encontros de verán

A Festa do Lume , asemblea anual ordinaria e momento de encontro arredor dun tema de actualidade

O servizo litúrxico Remol

Os sábados bíblicos
Se queres axudar á Asociación IRIMIA podes facelo dos seguintes modos

O teu compromiso como socio permítenos seguir difundindo os nosos pensamentos na web, na revista e en diferentes publicacións, e axuda a realización actividades que promovan a galeguidade cristiá.

Se queres recibir no teu domicilio a edición impresa da revista, preme no botón para realizar a subscrición.

A túa contribución mediante unha doazón puntual é valiosa, axúdanos a que podamos realizar os nosos proxectos.