Este ano é moi fácil chegar ao lugar de celebración da Romaxe, a carballeira de Santa Minia, que está á beira da Casa do Concello e da capela-santuario, en Brión.

A mellor forma de ir é pola AG-56, que é o corredor de Santiago a Noia, e, no km 10, saír e tomar a estrada AC-451, en dirección a Brión, Pedrouzos. A carballeira atópase a menos dun quilómetro. Alí haberá sinais para o aparcadoiro.

Para participar na celebración, é conveniente levar o folleto da Romaxe que chega con este número da revista Irimia.