A VOZ DAS AMIGAS

Canción de Leilía, dun poema de Yolanda Castaño.

A miña voz, compañeiras, non naceu para afastar.
Se non fose por vosoutras, como ía camiñar?
Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
dáme a man e faremos cordada,
ven comigo, miña camarada.

A miña voz, compañeiras, tráioa para partillar.
Se non fose por vosoutras, como ía camiñar?
Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
dáme a man e farémonos grandes,
temos xuntas a forza dos mares.

A voz das miñas amigas dáme folgos para avanzar.
Se non fose por vosoutras, como ía camiñar?
Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
todas xuntas non temos fronteira,
ven comigo, miña compañeira.

Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
dáme a man e faremos cordada,
ven comigo, miña camarada,
todas xuntas non temos fronteira,
ven comigo, miña compañeira.