Os resultados das últimas eleccións xerais dan para falar moito. Pero esta non é a sección de política e a min iso non me vai moito. Unhas das principais sorpresas foi a Comunidade de Murcia, onde gañou Vox. Que lles pasa aos murcianos? Vai ti saber o que pasa nesas cabeciñas pero como é patético xeneralizar, eu quedo coa rapaza murciana que fixo un comentario xeitoso en Twitter. Trátase dunha estudante de medicina que dixo algo tal que isto en twitter: “Hoy en consulta he intentado hablar en gallego a los pacientes y un anciano me ha dicho “con doutoras galegas tan boas e simpáticas é máis fácil o vir (sic) aquí” y mi corasonsito murciano estaba tal que así!”. Eu síntome moi orgulloso da xente que vén á nosa terra e fai o esforzo por falar galego. Se a isto engadimos que unha das reivindicacións do estudantado de Medicina en folga era máis aulas en galego…, hai motivos para a esperanza.
Achégase o Nadal. O Neno Xesús, palestino, refuxiado podería pensar desta volta en nacer en Murcia. De seguro que habería xente que o acollería cos seus corasonsitos. Outros non. Así é o Evanxeo. Bo Nadal