Hai xestos que valen máis que palabras. Hoxe vou falarche de dous xestos ben fermosos, que falan de quen os fai.

Primeiro xesto. Cáritas Burgos rexeita unha subvención do Concello de Burgos, gobernado polo PP e Vox, porque Vox puxo como condición que non se subvencionase a aquelas ONG que axudan aos inmigrantes. A dignidade non se compra. Por moito que o importe da subvención viñese moi ben para o labor de Cáritas, hai lugares onde non se debe entrar. Non todo vale para axudar ao próximo.

Segundo xesto. Todos vimos arrepiados as consecuencias da DINA en terras mediterráneas. Todos vimos o ananismo político dos líderes dos grandes partidos estatais botándose merda co argumento de “e ti máis”. Pero tamén vimos o labor do voluntariado. Tamén vimos o bo facer dos empregados públicos (bombeiros, policías, militares, médicas…), indispensables sempre, tamén nas catástrofes. Se cadra, o que non viches foi a forte aperta entre dous senadores valencianos, un do PSOE e outro do PP, que pasaron por riba das directrices do partido e deixaron a loita para chorar xuntos nunha aperta.

Grazas a Cáritas pola súa dignidade. Grazas aos voluntarios e empregadas públicas polo seu esforzo. Grazas aos políticos que son, por riba de todo, persoas.