O mundo empresarial estao pasando fatal. Centos de empresas pechan. Outras tentan día a día sobrevivir. Todos coñecemos bares que pecharon, tendas, pequenos negocios, autónomos que o están a pasar mal… Todo son lamentos con razón. A vida está moi apertada e, hoxe en día, case a única esperanza empresarial está en que este bicho marche axiña e queden algúns cartos para gastar, a ser posible, nas tendas, bares e restaurantes de toda a vida.
Tamén estamos a vivir dende hai moito tempo como empresas galegas ou van marchando e deixando de ser galegas ou simplemente pechan. Todo está mal? Non. Aínda hai empresas que resisten ou incluso empezan a xermolar nesta época.
Sorprendeume a historia de MestreLab, unha empresa galega que serve de soporte informático a Pfizer, AstraZeneca… Cando poñas a vacina pensa que algo de galega ten.
Tamén no mundo da enerxía comezan a aparecer empresas de aquí que queren facer competencia aos grandes monstros. Xenera, A nosa enerxía (cooperativa). A isto podemos sumar a láctea Deleite…
Son pequenas faíscas nesta escuridade empresarial que vivimos. Motivos de esperanza. Porque estamos esperando. Chegaremos.