Cando eu era rapaz, nas aulas de galego, faláronme dunha cousa que se chamaba a regueifa. A pobre da profesora dicía que só coñecía algo parecido a iso e que o vira en Portugal. Miña pobre! Falaba de oídas. Tamén dicía que algo parecido era o que se facía nalgunha parroquia da zona da Ulla con algo duns xenerais… Falar diso era como falar das guerras carlistas, algo que sonaba de épocas pasadas.

Grazas a iniciativa de Sechu Sende e duns cantos toliños recuperouse a regueifa pero non como unha xoia de museo. Recuperouse como algo vivo. Agora hai centos de mozos e mozas, nenos e nenas de diferentes centros educativos de Galicia que non só coñecen a regueifa, senón que a practican. Iso si, chea de novos valores pero co mesmo humor de sempre.

Achégase o entroido, tempo favorable para a regueifa. Se non nos atrevemos a regueifar polo menos gocemos da improvisación oral en galego. Longa vida a regueifa porque parece que a ten.