Pero hai algo que me entusiasma desta medida Vaticana. A reacción dos sectores ultraortodoxos da nosa Igrexa. Non hai máis que ler os blogs e webs deles. Están que adoecen. Buscan e buscan xente ao seu favor e fan de altofalantes de todo aquel que se opón ao Papa. Pasaron de papólatras a papófobos nun par de homilías.
É ben certo que moitos pensamos que hai que acoller máis aló dun xesto aínda que os xestos sexan importantes. Pero tamén é bo facer exame de conciencia e pensar que se cadra hai trinta anos nós pensabamos doutro xeito. Nós eramos dos que non aceptabamos certos xeitos de amar. Todos avanzamos aínda que algún avanza cara atrás. Incluso a Igrexa. Amodiño. O asunto é cando un queda nun pasado que non volverá.