Hai máis ou menos un ano naceu a asociación Acougo (acougo.gal). Trátase dunha asociación de familias acolledoras de Galicia. Pretende acompañar e axudar a todas as familias que abren as súas portas e os seus corazóns a aqueles nenos/as que non teñen familias.
En Galicia hai máis dun milleiro de crianzas vivindo en residencias para menores. Non é o lugar ideal para medrar. O ideal é ter unha familia onde vivir todas as experiencias que tivemos e temos todos no noso fogar. Por iso esta asociación, ao igual que outras institucións e asociacións, tentan que nos concienciemos de que como na casa non se está en ningún sitio e todos temos dereito a ter un fogar.
Agora, co tema da pandemia maldita que vivimos tamén afecta aos menores que están en centros de acollida. Como eles e elas viven en lugares onde residen moitas persoas é fácil que vivan situacións continuas de confinamentos. Moita xente entrando na súa casa e saíndo. Isto está levando a que estes raparigos/as sigan máis dificilmente o curso escolar. Por iso dende esta asociación están facendo un chamamento para que haxa novas familias acolledoras que se fagan cargo, cando menos mentres dure o coronavirus, destes menores e poidan vivir con certa normalidade esta situación. Todo o noso apoio.