Hai veces que atopas con xente que paga a pena. De feito, ao longo da vida vas atopando persoas e persoas e sempre deixan algunha pegada en nós. O asunto difire cando a persoa que atopas é de hai tres séculos e chega a ti para descolocar certos prexuízos. No meu caso atopeime cunha muller forte e decidida do século XVII, que difire do que pensamos, que é unha muller e relixiosa da súa época. Trátase de Sor Juana Inés de la Cruz, unha escritora que cultivou todos os xéneros literarios da época con grande interese. Vivía en México e dende o seu convento traballou e investigou arreo dun xeito rigoroso. Escribiu a súa obra en castelán e náhualt, xa que viviu en México. Unha muller do seu tempo que investigou, loitou polo coñecemento e que se esforzou por non caer nos estereotipos de muller, monxa e americana. Hai unha película que non é difícil de atopar en internet que se titula “Yo, la peor de todas”, que paga a pena ver para coñecer algo da súa biografía. Déixovos un fragmento dun poema dela, que é un manifesto precioso e duro.
Hombres necios que acusáis
a la mujer sin razón
sin ver que sois la ocasión
de lo mismo que culpáis:
si con ansia sin igual
solicitáis su desdén
¿por qué queréis que obren bien
si las incitáis al mal?