Neste país gústanos moito ver o mal que facemos as cousas e admirar o ben que o fan noutros, especialmente norteuropeos. Por exemplo, na educación. Aquí todo vai mal e o modelo que hai que seguir é Finlandia. Na industria, o modelo é Alemaña. Na igualdade de sexos, Islandia…
Pero resulta que hai algo no que son eles os que miran para nós e din que somos modelo. Trátase na vacinación. De feito, a nosa campaña de vacinación foi moi ben.
Hai pouco, nun xornal alemán dicían que o éxito do modelo de vacinación viña dado por tres elementos. En primeiro lugar, a fiabilidade que lle damos ao noso sistema público de saúde. A meirande parte da poboación española cre que o sistema é bo e funciona e cre no que lle di o persoal sanitario. En segundo lugar, temos confianza no progreso da ciencia. Polo visto, temos unha mentalidade moi positiva ante o progreso das ciencias e mellor cultura científica do que pensamos. En terceiro lugar, a que máis me gusta. Somos un país onde as relacións familiares funcionan. Imos vacinarnos non só porque é bo para nós. Facémolo para coidar aos nosos.
Pois para algo que facemos ben, hai que dicilo. Agora depende de nós que non perdamos a nosa confianza na ciencia, no noso sistema de saúde e no noso cariño polas nosas persoas queridas. Hai moito en xogo.