Falta pouco para que comece o Mundial de fútbol de 2022, un mundial diferente por varios motivos. Un deles, porque vai comezar en novembro e non en verán, coma sempre. Outro, porque se vai celebrar nun país con moi pouca tradición futboleira, como é Catar.
O duro verán no deserto arábigo levou a retrasar o mundial para meses máis mornos. Aínda así, están previstos cambios no regulamento para mitigar a calor. De todos os xeitos, posiblemente sexa un dos mundiais máis polémicos porque a protesta está servida. Hai moita xente crítica co xeito no que se fixeron as infraestruturas para este campionato. Empregouse man de obra barata de inmigrantes en situación moi precaria. Non están claras as cifras de traballadores mortos, pero é sabido que son moi amplas. Ademais hai críticas porque o anfitrión é un país que non pode presumir dos valores que se supón que leva o deporte. Os dereitos humanos son machucados constantemente neste pequeno país.
Os valores económicos que supón un acontecemento deste tipo non poden ser o máis destacado. Hai moita xente crítica co que se vai vivir. Fálase de seleccións que sairán ao campo co brazalete da bandeira do arco da vella. Que haberá accións para significar os dereitos das mulleres. Posiblemente a FIFA ten un problema como se faga visible que non todo vale cartos e os seareiros poden ser críticos. Oxalá.