Facer algo nesta situación é ben difícil. Todo o mundo ten unha sensación de impotencia ao ver as imaxes de inocentes sufrindo e de edificios derrubados. Pero algo si que se fixo. Ante o chamamento á indiferencia, baseada na demagóxica falacia de non mesturar deporte e política, houbo xente que se puxo nas beiras das estradas e parou a Vuelta Ciclista, porque alí había un equipo que representaba aos fortes.
Non creo que aos poderosos israelís lles importe que haxa grupos de loitadores contra o xenocidio que vemos todos os días nos telexornais, pero, cando menos, non se pode dicir iso de “todos son iguais”. Para a guerra, nada.