Xa dixen que en ocasións un tiña gana de fuxir da Igrexa. É neses momentos cando se abre unha porta e atopas algunha historia de alguén desde dentro da Igrexa que entendeu o Evanxeo e lévao á súa vida. Neste caso refírome á monxa carmelita arxentina Mónica Astorga, que leva anos traballando e, sobre todo, acompañando as prostitutas transexuais.
A súa chamada comezou cando unha delas chegou á súa parroquia con gana de falar e entregar o *diezmo do seu labor na prostitución. Alí atopou un mundo na periferia cunha ferida aberta e profunda. Eran as novas leprosas.
Sen dúbida, a vida desta monxa afouta debeu ser dura. Imaxinamos todo o que escoitou nesa periferia e no mundo da ortodoxia eclesiástica. Por iso lle debeu dar moitos azos a mensaxe que o Papa Francisco lle mandou. “Rezo por ti e polas rapazas”. Unha mensaxe que, se analizamos ben, é tremendamente revolucionaria.
Morreu hai uns días outro afouto loitador. Casaldáliga tamén viviu na periferia. Nesta Igrexa quero estar.