A Ría de Vigo debe ter algo. Xa nolo dicía Martín Codax na Idade Media. Pero eses aires continúan e seguen dando boas creacións.
Francisco Castro xa ten unha traxectoria coñecida e contrastada. Tamén hai que recordar ao grande Domingo Villar que abriu a porta á novela negra viguesa.
Esa testemuña do noir vigués foi recollida de xeito moi brillante por Pedro Feijoo. Todas as súas novelas son boas e en todas vai mellorando. A última é moi aconsellable. “Ninguén contará a verdade” Trátase dunha historia sobre unha trama de corrupción galega. Os lugares e incluso os protagonistas son recoñecibles e están ben trazados. Coido que paga a pena mergullarse nesa historia tan viguesa, coma galega coma universal.
Vémonos na romaxe