Parece ser que o ano 2022 foi bo para o cinema español. Cóntanme que este ano houbo bos títulos como “Alcarrás”, “La maternal”, “As bestas” e algún éxito de público como as comedias familiares de Santiago Segura. Sempre será mellor que faga pelis para comer flocos de millo coas crianzas no cine ca “Torrentes”.

Eu só vin un título no cine. Trátase de “Los renglones torcidos de Dios”. Unha película ambientada nun psiquiátrico dos de hai case cincuenta anos. É unha película baseada na novela homónima de Torcuato Luca de Tena que tamén está moi ben.

Desta película quedo cun diálogo no que o director do manicomio lle di a outra persoa. “Aí os tes, son os ringleiras tortas de Deus. Os seus erros, a súas equivocacións”. Nese momento a cabeza fóiseme ás clases de teoloxía para segrares de Andrés Torres Queiruga, que nos facía pensar e reflexionar sobre a omnipotencia de Deus. Deus non pode facer un mundo perfecto porque se é mundo non é perfecto. Problemas da linguaxe. Non é o meu cometido facer aquí reflexións filosóficas nin teolóxicas. De todos os xeitos, si que é importante a xente que nos guía para reflexionar e pensar na nosa fe. A perfección de Deus tamén se transmite na debilidade do ser humano e no que chamamos “ringleiras tortas”.