Unha destas imaxes é a dos zapatos do papa Francisco. Uns zapatos vellos que representan humildade. Son os zapatos cos que foi soterrado.
Outra imaxe é a do vello coche de Pepe Mujica. Foi presidente de Uruguai, pero tamén foi un home sinxelo, moi austero, e que sempre conducía un coche tan fermoso coma vello.
Espero que teñas a sorte de coñecer xente humilde que busca a sinxeleza. Xente que se apaña con moi pouco e que gusta máis de compartir ca de ter. Son persoas coma Mujica ou Francisco, que non son perfectas, pero que emociona velas. Marcharon hai pouco os dous, pero deixan un camiño para quen o queira seguir. Os dous pertencen a institucións onde esa mensaxe non é abondosa, aínda que sexa desexable. Oxalá moitas persoas, tanto na Igrexa coma na política, sigan o seu camiño.
Amén.