A guerra nútrese da perversión das relacións, das ambiciosas hexemonías, dos abusos de poder, do medo ao outro e da diferenza vista como obstáculo e…, ao mesmo tempo, alimenta todo isto. Nunca haberá unha paz verdadeira a menos que sexamos capaces de construír un sistema económico máis xusto.
A fenda entre os membros dunha sociedade, o aumento das desigualdades sociais e a negativa a utilizar as ferramentas para o desenvolvemento humano integral poñen en perigo a busca do ben común. A desconfianza e o medo aumentan a fraxilidade das relacións e o risco de violencia, nun círculo vicioso que nunca pode conducir a unha relación de paz.
En cambio, o traballo paciente baseado no poder da palabra e a verdade pode espertar nas persoas a capacidade de compaixón e solidariedade creativa.