Koldobi Velasco, Gran Canaria (1970). Leva máis de 20 anos no movemento antimilitarista de Canarias e como activista en diferentes colectivos sociais. Entende a vida como unha sucesión de pontes que cada un debe ir tendendo para rematar coas desigualdades e inxustizas sociais, acadar a concordia e para que todos teñamos as mesmas oportunidades de vida.

As políticas migratorias disparan a dar.
Deturpan soños e risas
coma quen non ve.
As políticas migratorias disparan a matar.
Non andan con cálculos maquilladores,
destrúen vidas coma quen respira.
As políticas migratorias disparan a dar.
Non rescatan dignidade,
o único humano posible.
Aniquilan posibilidades
coma quen bombardea dereitos.

As políticas migratorias disparan a matar.
Non acubillan nin unha esperanza;
esmagan resistencias insubmisas
coma quen saquea corpos
e territorios.
As políticas migratorias disparan a dar.
Non reciben o que expulsan;
matan a punta de decreto,
externalizacións,
dispositivos de control,
coma quen oe chover no norte.
As políticas migratorias disparan a matar.
O noso escudo…
entretecer apertas.

Koldobi Velasco

Imaxe: Bernat Armangue/AP Photo/picture alliance