Por exemplo, Petra Kelly, fundadora de Die Grünen (“Os Verdes” alemáns), escribía no prólogo do seu testamento político Pensar co corazón: textos para unha política sincera:
A miña experiencia demóstrame que na política tamén pode existir o altruísmo e a solidariedade; está nas nosas mans levar a cabo unha política que tome partido polo ser humano e, ante todo, polo máis débil. Isto significa, nada menos, que ligar o pensamento político coa visión espiritual, porque coa mera política non se pode resolver ningún problema… Pero moitos fan caso omiso, porque conciben a política só coma un negocio no que o máis importante son os grandes espaventos, o fala barato e as xogadas tácticas. Ese concepto da política debería estar superado desde hai moito tempo, pero, por desgraza, ten moitos partidarios tamén nas ringleiras dos Verdes.
Xa anteriormente, en 1984, Petra escribira:
Ser tenra e tamén subversiva, iso é o que significa para min, a nivel político, ser verde e actuar coma tal… O poder sen amor redúcese rapidamente á simple capacidade de espoliar e manipular. Nun movemento político ecolóxico necesítanse inescusablemente solidariedade, paciencia, cooperación, tenrura e tolerancia, a fin de que coincidan os medios e mais os fins.