Téñolle pánico aos salvadores da patria… Preocúpame o avance da ultradereita. A ultradereita recomponse sempre, porque é centrípeta, non crea cara á fóra.
E cal sería o antídoto? …A xustiza social: se queres debater coa ultradereita, fala en horizontal, de xustiza social, dos pobres. E se me din “Non é vostede un comunista, padre?”, dígolles: A miña carta de identidade está en Mateo 25, lédeo e a quen dixo iso que alí pon, dicídelle que é un comunista: Tiven fame e déstesme de comer, sede e déstesme de beber, estaba espido e vestístesme, preso e viñéstesme visitar.