Atopámonos no mesmo contedor
Ti, buscando
Eu, tirando.
O lixo nas súas dúas versións.
Mirámonos no mesmo sentido
Ti devecendo
Eu refugando
Os refugos son dun único lado.
Falámonos na mesma linguaxe.
A túa, directa
Eu, evitando.
As vergoñas habitan no privilexio.
Preguntámonos no mesmo dubidar.
O teu, sufrido.
Eu, analista.
As razóns sempre xogan a favor da distancia.
Sorrimos no mesmo humor.
O teu, resignado.
Eu, interpelada.
As risas quítannos fuscos e sombras.
Ti, eu, nós.
Koldobi Velasco
Koldobi Velasco, Gran Canaria (1970). Leva máis de 20 anos no movemento antimilitarista de Canarias e como activista en diferentes colectivos sociais. Entende a vida como unha sucesión de pontes que cada un debe ir tendendo para rematar coas desigualdades e inxustizas sociais, acadar a concordia e para que todos teñamos as mesmas oportunidades de vida. Loita encarecidamente contra a pobreza, que outros teiman en agochar ou en cuantificar, en lugar de intentar rematar con ela.