Seres esencialmente cósmicos:
Non podemos excluír a terra da eternidade.
Esas luces alá arriba, a Xerusalén Celestial.
Se en matemáticas son infinitos os números,
os pares e os impares
por que non unha beleza infinita e un amor infinito?

É unha constante na natureza
a beleza.
De aí a poesía: o canto e o encanto por todo canto existe.
A terra podería ser igual
de funcional, de práctica,
sen a beleza. Por que logo?

Ámame, e se non son nada,
serei unha nada coa túa beleza nela refractada.
Á fin e ao cabo da nada naceu todo,
nada baleira chea toda ela
de urxencia de ser.

(Ernesto Cardenal, Cántico Cósmico
Foto: Illa de Solentiname, Nicaragua)