Separatas monotemáticas Debullando
As Angueiras
Publicacións monográficas de identidade Galega e Cristiá
Trátase dunha liña editorial aberta por Irimia no ano 1992 coa presentación de Camiñando a Compostela de Xosé Chao. Inicialmente eran uns folletiños, de entre 60 e 70 páxinas, destinados a analizar, dun xeito máis amplo ca nos artigos da revista, temas monográficos relacionados coa fe e a galeguidade.
No ano 2000 decidiuse darlle un cambio tanto na presentación coma na extensión. Neste sentido o formato medrou ata converterse nun pequeno libro e o número de páxinas ampliouse máis alá das 150.
II Etapa
A humana fraxilidade
Editorial: Asociación Irimia
Lugar: Santiago de Compostela
Ano edición:2013
Núm: 5
ISBN: 978-84-89102-12-5
Medidas: 15×20’5cm
Núm. páx.: 126
Sinopse
Neste seu último libro Xosé Chao reflexiona desde a experiencia da fraxilidade humana sobre un Deus entrañable e unha fe que libera. Algúns dos temas que vai debullando son creatura e creación, linguaxe relixiosa, pecado e perdón, invención de Satán.
Temos carta de Deus
Editorial: Asociación Irimia
Lugar: Santiago de Compostela
Ano edición:2005
Núm: 4
ISBN: 84-89102-11-2
Medidas: 15×20’5cm
Núm. páx.: 125
Sinopse
A primeira versión deste libro, daquela folleto, esgotouse axiña. Unha década despois sae outra vez do prelo nunha versión máis extensa. Trátase dunha misiva que Deus nos dirixe a través da pluma de X.A. Miguélez.
Roxelio Subiela Ledo. A gracia dun home de aldea.
Editorial: Asociación Irimia
Lugar: Santiago de Compostela
Ano edición:2003
Núm: 3
ISBN: 84-89102-10-4
Medidas: 15×20’5cm
Núm. páx.: 206
Sinopse
Atrapados pola graza do pequeno, do humilde, do que non conta, editamos outro libriño que fala dun home normal e corrente do rural. A historia da aldea en Galicia está feita coas achegas insignificantes dos millóns de homes e mulleres que formaron a cadea da vida nelas.
Cousas de Veneranda
Editorial: Asociación Irimia
Lugar: Santiago de Compostela
Ano edición:2001
Núm: 2
ISBN: 84-89102-09-0
Medidas: 15×20’5cm
Núm. páx.: 168
Sinopse
Cousas de Veneranda é unha homenaxe a Veneranda Fernández López, unha muller pobre, analfabeta e con deficiencia psíquica que, lonxe de provocar simple compaixón, xeraba un verdadeiro amor de reciprocidade con quen a trataba. Os testemuños dos que a coñeceron condúcennos a ollada cara a esoutras vidas que nunca se destacan; ao longo das máis de 150 páxinas vaise ofrecendo unha obra colectiva que pretende ser testemuño de agradecemento pola vida que a tantos alegrou.
A Palabra fai camiño
Editorial: Asociación Irimia
Lugar: Santiago de Compostela
Ano edición:2000
Núm: 1
ISBN: 84-89102-08-2
Medidas: 15×20’5cm
Núm. páx.: 160
Sinopse
A fala é camiño preséntase como un valioso traballo resultado de dúas achegas. Dunha banda a reflexión do sociólogo Daniel López Muñoz sobre os resultados dun estudio acerca do uso do galego na liturxia e das actitudes fronte a el. Da outra unha rigorosa recompilación de textos relixiosos en galego realizada por Xesús Ferro Ruibal.
I Etapa
Deus tenvos moita gracia
Editorial: Asociación Irimia
Lugar: Santiago de Compostela
Ano edición:1997
Núm: 10
ISBN: 84-89102-07-4
Medidas: 10’5x10cm
Núm. páx.: 88
Sinopse
Está escrito en clave humorística e crítica. Ademais de ser divertido e de facer rir, tamén dá que pensar.
¿Espadas ou arados? Insubmisos cristiáns
Editorial: Asociación Irimia
Lugar: Santiago de Compostela
Ano edición:1997
Núm: 9
ISBN: 84-89102-06-6
Medidas: 10’5x10cm
Núm. páx.: 84
Sinopse
Espadas ou arados é unha análise das opcións cristiáns pola paz dende o punto de vista da propia experiencia do autor, pero sen descoidar nunca as argumentacións teolóxicas.
Camiño verde: ecoloxía e creación
Editorial: Asociación Irimia
Lugar: Santiago de Compostela
Ano edición:1996
Núm: 8
ISBN: 84-89102-05-8
Medidas: 10’5x10cm
Núm. páx.: 84
Sinopse
Un pequeno e suxestivo ensaio sobre o problema ecolóxico. Acompáñase dunhas páxinas sobre san Francisco de Asís e o seu rebelde Cántido das criaturas.
¡Boas noticias, Leni!
Editorial: Asociación Irimia
Lugar: Santiago de Compostela
Ano edición:1996
Núm: 7
ISBN: 84-89102-04-X
Medidas: 10’5x10cm
Núm. páx.: 68
Sinopse
Leni é unha rapaza de 17 anos. Chea de inquedanzas un día escríbelle a un tal Xoan, que non é outro có discípulo amado. Cunha linguaxe vital e nidiamente popular, este libro é unha excelente introducción á lectura evanxélica.
O inferno a revisión
Editorial: Asociación Irimia
Lugar: Santiago de Compostela
Ano edición:1995
Núm: 6
ISBN: 84-89102-03-1
Medidas: 10’5x10cm
Núm. páx.: 76
Sinopse
¿Que queremos dicir cando dicimos inferno? O teólogo Andrés Torres Queiruga revisa o tema con competencia e ofrecendo serias alternativas.
¿Por que nos sentimos culpables?
Editorial: Asociación Irimia
Lugar: Santiago de Compostela
Ano edición:1995
Núm: 5
ISBN: 84-89102-02-3
Medidas: 10’5x10cm
Núm. páx.: 72
Sinopse
Elabórase o concepto de inconsciente e descóbrense as raíces da angustia: a procura do pracer e maila represión. Percórrense as etapas da infancia, fonte habitual de culpabilidade, para rematar denunciando a pastoral do medo e anunciando a gratuidade do perdón de Deus.
Temos carta de Deus
Editorial: Asociación Irimia
Lugar: Santiago de Compostela
Ano edición:1994
Núm: 4
ISBN: 84-89102-00-7
Medidas: 10’5x10cm
Núm. páx.: 56
Sinopse
Como dá a entender o título, Deus diríxenos, na pluma de Xosé Antón Miguélez, unha fermosa carta. Nela fainos unha proposta atrevida de namoramento e fraternidade.
Cristiáns e galeguistas
Editorial: Asociación Irimia
Lugar: Santiago de Compostela
Ano edición:1994
Núm: 3
ISBN: 84-89102-01-5
Medidas: 10’5x10cm
Núm. páx.: 80
Sinopse
O camiño da historia de Galicia está lastrado de xente que manifestou simultaneamente a súa dobre fe en Xesús e na súa causa, e na causa de Galicia e o pobo galego. Este libriño constitúe unha síntese dinámica e ben traballada desa realidade.
¿A onde vai a Igrexa?
Editorial: Asociación Irimia
Lugar: Santiago de Compostela
Ano edición:1994
Núm: 2
ISBN: 84-604-8824-1
Medidas: 10’5x10cm
Núm. páx.: 68
Sinopse
Valórase o concepto de “cristianía” fronte ó de “cristiandade” mentres se describe o pluralismo cristián nas orixes, critícase o ascenso do clericalismo e do poder de Roma para apuntar a un tipo de Igrexa na que o bautismo nos iguala. Faise un breve percorrido pola Igrexa en Galicia.
Camiñando a Compostela
Editorial: Asociación Irimia
Lugar: Santiago de Compostela
Ano edición:1992
Núm: 1
ISBN: C-975-1992
Medidas: 10’5x10cm
Núm. páx.: 52
Sinopse
Foi preparado para o Ano Santo de 1983; analiza a cuestión histórica e revisa a concepción teolóxica.
Libros da Romaxe
Romaxe de Crentes Galegos na Voz de A Quenlla
Lugar: Santiago de Compostela
Ano edición:2014
ISBN: 978-84-697-1188-0
Sinopse
Libro-disco que recolle as cancións máis entoadas nas celebracións da Romaxe. Quince temas, entre os que se atopa a Rumboia, Irmaus, Alén do teu recordo, o Credo Galego, A dorna ou o Magníficat. Acompaña a este disco un completo libro que describe as romaxes dende o Pedregal de Irimia ata Santa Uxía de Lobás. O libro complétase co alento de diferentes irimegas e irimegos que quixeron deixar as súas vivencias nunha frase ou nun parágrafo. Todo, xunto a unha extensa galería de imaxes de cada un dos lugares onde tivo lugar esta celebración.
A Romaxe de Crentes Galegos. De Irimia a Santa Margarida (1978-1997)
Editorial: Asociación Irimia
Lugar: Santiago de Compostela
Ano edición:1998
Núm: 3
ISBN: C-1322-98
Medidas: 14’5x21cm
Núm. páx.: 341
Sinopse
Editado fóra da Colección Angueira o libro de Pérez Prieto é un detallado percorrido pola historia das 20 primeiras Romaxes de Crentes Galegos. Reprodúcense ademais os textos que protagonizaron as liturxias daqueles anos.