“A PANDEMIA, O SEU IMPACTO E CONSECUENCIAS”

Como tantas outras cousas, o VII Encontro de Redes Cristiás que estaba previsto celebrar o ano pasado en La Laguna (Tenerife) tivo que ser posposto por mor da COVID.

Dada a importancia deste tipo de encontros na vida da Rede e para non demoralo máis, acordouse facelo por vía telemática os días 23 e 24 de outubro de 2021 (sábado e domingo).

O lema escollido foi “A pandemia, o seu impacto e consecuencias” co obxectivo de compartir as vivencias destes meses, como afectaron aos nosos colectivos e que consecuencias e retos se nos abren aos membros de Redes Cristiás para os próximos anos.

Durante o encontro terán lugar dúas ponencias. A primeira, a cargo de Yayo Herrero, leva por título “Analisis de coyuntura”; na segunda, Carlos García Andoin falaranos sobre “Sinodalidad”.

Algúns dos obradoiros que se van desenvolver ao longo da fin de semana son:

  • A pandemia: experiencia compartida de fraxilidade e solidariedade.
  • Coidar os comúns (sobre a “Fratelli Tutti”)
  • Graves consecuencias da pandemia: unha mirada á realidade do mundo obreiro e do traballo.
  • Mulleres en saída do confinamento eclesiástico.
  • Que pasa coas inmatriculacións da Igrexa Católica Española?

No listado anterior cabe destacar a participación da Coordinadora de Crentes Galeg@s no obradorio que prepara a HOAC de Vigo sobre as consecuencias da pandemia para a realidade do mundo obreiro e do traballo.

Estamos seguros de que moitas de nós recordamos aínda a Asemblea de Redes que celebramos en Santiago no 2013 como unha experiencia moi positiva de encontro e espazo para compartir proxectos, inquedanzas e soños. Animámosvos a inscrivirvos (é de balde!) e participar nesta nova edición.

O formulario para inscribirse e toda a información máis detallada sobre horarios, programa e contidos atoparédelo na páxina web: www.redescristianas.net