Cassandra é o nome dun proxecto de cribado e detección do cancro de pulmón, que é dos máis letais na actualidade. Moita xente falece por mor desta enfermidade porque as deteccións son tardías e cando se tenta facer algo, xa é tarde. Grazas ao avance científico que supón Cassandra, vaise detectar axiña o cancro de pulmón. Neste senso, Cassandra espantou a maldición divina e agora xa lle poderemos facer caso.
De todos os xeitos, en parte seguimos a ser desconfiados das predicións que se fan. Segue a haber xente que continúa fumando, a pesar das advertencias que non teñen que ver coa mitoloxía, senón coa ciencia. Ás veces somos coma os troianos testáns.