Moita xente pensa que o mundo está peor ca nunca. É isto certo? Se cadra si pero hai algúns datos que tamén invitan ao optimismo. Vouche contar uns datos.
En primeiro lugar estudamos cada vez máis. Cando estudaban os meus pais a media de estudo por persoa era de pouco máis de tres anos. Cando estudei eu era de sete anos. Agora está en once anos. Ademais a porcentaxe de analfabetos no mundo é do 15%. Hai trinta anos era do 44%.
Tamén no mundo no ano 1990 catro de cada de 100.000 mortes era causada pola guerra. Agora só 0.5. A tendencia é claramente á baixa.
En España o 91% pensa que os homosexuais deben ter os mesmos dereitos. No ano 1980 só o pensaba o 54%. Tamén nese ano o 28% estaba en contra do divorcio e agora só o 5%.
As mortes por VIH reduciuse un terzo dende na última década. Ademais as mortes por malaria estanse reducindo en case todos os países do mundo.
O número de parlamentarias no mundo é do 24 %. No ano 1990 era do 13%. En España neste momento son o 43%. Hai que mellorar pero estamos en camiño.
A humanidade vai avanzando. Sen dúbida é mérito de todos e todas os que non temos medo a cambiar de opinión, de xeito de pensar, de xeito de vivir. Se cadra nos rumores de dentro de trinta anos contamos que eliminamos totalmente a pobreza (que tamén está baixando) que o cambio climático é un pesadelo pasado, que a pena de morte xa non existe e… pon ti o teu rumor de esperanza.